Nós
Coidamos da túa alimentación gozando dos sabores da Terra.

Rosana
Foi a primeira Graduada Social en saír ao mundo exterior gracias ao Eramus.Tres anos en Francia que a marcaron para valorar máis o noso, os detalles, a calidade e sobre todo aprendeu a ser dura coma os cañotos das verduras.
Logo veu a maternidade, axudar a crear a Asociación pro lactancia materna Bico de leite, saber que hai alimentos e persoas que son ouro e valorar ainda máis a empatia e o respeto
Estas experiencias a guiaron para que no o 2013 tivera o famoso ataque de loucura transitoria dos autónomos, e pariu coa axuda dun mariñán A despensa do avó Francisco.
Unha tenda de barrio, un pequeno comercio local de proximidade pero cun marcado espíritu ecolóxico no que prime a ética, un pouco de “ante todo mucha calma” e un moito de bo rollo e aprendizaxe continuo…..nesas andamos.

Cris
Cristina, A Rubia! Pura enerxía en movemento co corazón verde monte.
Chegou no 2015 para quedarse grazas ao seu curriculum, cheo de bonitiñas restras de cebolas, allos e conservas de tomate.

