CARNE

Unha vez ao mes recibimos directamente do productor, carne de tenreira ecolóxica de Chotoiba de A Golada.  Esther e Luis crian en liberdade razas autóctonas . Recollemos encargas e chega todo envasado ao vacío en lotes de cinco kilos ou individuais de kilo.

En carne de pavo traballamos con Ecoviand, empresa catalana cunha ampla oferta de carne e peixe ecolóxico.

En carne de porco ademais de Ecoviand, e das empresas que nos ofrece Gumedi temos A Jamones González do Corgo, que ademais da súa carne e embutidos tradicionais está a facer unha aposta polo porco ecolóxico e o porco celta ecolóxico, chourizos, salchichóns e carne fresca en pequenas cantidades pero de gran calidade e sabor.

En carne de polo ecolóxico traballamos semanalmente, polo enteiro sen despezar, peitugas, ás e muslos de www.coren.es

Pin It on Pinterest