CORAZÓN DE MANTECA
Para mamás dun recén nacidoEstamos especialmente orgullosas desta certa na que colaboramos coa fotografa Raquel Biempica, (que elaborou amablemente todas as fotos de esta páxina) http://www.raquelbiempica.com/
Pretende ser un regalo para mamás que acaban de dar a luz. Recordamos as cousas que lles ofrecían ás nosas avoas despois de parir…unha galiña, viño sansón, manteca, chocolate…algunhas delas xa non son politicamente correctas, outras sabemos a día de hoxe que non son moi recomendables, así que fixemos unha mimada selección dos produtos da cesta e mesmo consultamos na web de referencia entre profesionais, familias e asociacións pro lactancia materna: http://www.e-lactancia.org a súa compatibilidade coa lactancia.
A cesta inclúe nunha caixa de cartón en forma de casiña linda e reutilizable:
*un peluche galiña de mos de 0-99 anos
http://www.galileonenos.com/shop/peluches/peluche-gallina-de-mos/

*unha infusión compatible coa lactancia

*un bote de galletas Maruxas de produción ecolóxica.

*un paquete de ameixa seca con óso ecolóxica e outro paquete de anacardos crudos e ecolóxicos

*Un litro de caldo de verduras ecolóxico

*folleto informativo sobre lactancia materna, cortesía da Asociación Bico de leite: http://bicodeleite.blogspot.com.es/

*de maneira opcional unha sesión de fotografía de recén nacidos coa marabillosa fotógrafa Raquel Biempica que realiza unhas fotos distintas, orixinais e cheas de sensibilidade. http://www.raquelbiempica.com/

PREZO 60 EUROS MAIS GASTOS DE ENVIO
PREZO 150 EUROS CON SESIÓN DE FOTOS INCLUIDA MAIS GASTOS DE ENVIO
EN LUGO CAPITAL ENTREGA A DOMICILIO OU NO HOSPITAL SEN COSTE