FROITA E VERDURA

Todos os martes recibimos un pedido de froita e verdura fresca tanto das hortas ecolóxicas e de cercanía como de varios distribuidores de Galicia e de España.

Proxecto moi vencellado ao movemento ecoloxista en Rairiz de Veiga, Ourense, ao que pedimos produtos practicamente todas as semanas. Destacamos o seu mel e o seu pole de produción propia. Tamén é de agradecer a facilidade de poder pedir pequenas cantidades de determinados produtos e a súa aposta por outros proxectos ecolóxicos da zona como podedes ver na súa páxina.

Central de compras de Navarra con gran variedade de froita e verdura propia e cunha importante oferta de produtos ecolóxicos. Eleximos cada un en función da cercanía e do prezo. Podedes consultar aqui o catálogo para ver os seus produtos envasados.

Nas tendas pequenas apostamos realmente polos proxectos das hortas de cercanía, convencidas de que son a esencia da agricultura ecolóxica.  Polo que mercando no pequeno comercio apoias proxectos de vida sostenibles. Cada froita e verdura de cercanía tén nome e apelidos:

A Horta da Sancoveiga en Vilalba, A Cortiña da Bouza en Cospeito, Granxa Barreiros en Sarria, Casa de Baixo en Santiago de Saa,  Os Limóns do Valadouro ou os Arandos de Finca Barreiro no paradisiaco Val do Mao no Incio.

Pin It on Pinterest