LACTEOS
Cada semana mimamos especialmente a oferta de queixos, tanto artesanais galegos como ecolóxicos.Produtos lácteos tradicionais como os queixos de Friol, os martes, frescos baixos en sal, os xoves os frescos co seu puntiño de sal e cremosos e curados. Queixo fresco e requeixo do Cebreiro. O madurado do Cebreiro de Santo André, Os San Simón de Don Crisanto de Vilalba Os mellores queixos de cabra e ovella, Touza Vella, O Rexo…

E en ecolóxico, Xanceda, A Coviña e destacamos Arqueixal, empresa que mima as tendas de barrio, que fai unha aposta polos envasados en cristal e a súa reutilización e cunha oferta de produtos dos que disfrutamos cada semana, tanto iogures, leite fresco como queixos cremosos e curados.