Xa está na web o listado actualizado de prezos do despece da carne de tenreira ecolóxica de Chotoiba de Agolada.

Facemos un pedido mensual directamente do produtor. Avisamos con 15 dias de antelación no comentario semanal da sección de Pedidos Online  e nas redes sociais para que poidades facer a vosa encarga de carne tanto en kilos como en medios. Informamos do día exacto de reparto dos paquetes encargados que veñen envasados ao vacío.

Podedes mandar os vosos pedidos por correo electrónico ou ben se facedes un pedido semanal de froita e verdura xa podedes aproveitar e meter a encarga en comentarios.

Máis de 5 anos xa traballando con Esther e Luis. Sentidiño, calidade e bo facer!

 

 

 

Pin It on Pinterest