“Evento non!  para nós é un eventazo! O día 11 de decembro inauguramos a nova páxina web de A despensa do avó Francisco.

  • Poderedes consultar información dos nosos proveedores
  • Datos dos diferentes produtos, distribuidos por categorías.
  • Tamén poderedes ver e encargar os novos modelos de cestas regalo
  • E o máis importante a partir do día 11 poderedes facer os vosos pedidos de froita e verdura fresca online, A idea é mellorar e simplificar a xestión semanal dos encargos e o envío a domicilio, incluído o reparto fóra de Lugo capital.

Queremos que a páxina web sexa útil e intuitiva. Será ampliada e completada mensualmente coas novidades e cambios. De feito seguro que botaredes de menos algún produto, listados de prezos e algún proveedor que iremos incorporando pouco a pouco. (Falta tamén a revisión ortográfica das filólogas de cabeceira)

Queremos agradecer sobre todo a Hecasa Asesores todo o asesoramento que fixo posible obter a subvención para facer a páxina. A Aleks Freire, o seu creador, queremos agradecerlle a paciencia e o bo facer á hora de poñela en marcha  e a Raquel Biempica a nosa fotógrafa de cabeceira, agradecerlle a súa xenerosidade e sensibilidade.

E un feixe de apertas repartidas equitativamente para a nosa clientela por facelo posible co seu apio!

Pin It on Pinterest