PAN E EMPANADAS

Todos os días temos pan fresco de panaderias de Lugo como Panadería Lajosa do Corgo, Panadería Soto, Madrid en Lugo, Panaderia Modesto de Antas de Ulla co seu delicioso pan e as súas empanadas, Panadería Luseiro de Nadela coas súas increíbles barras flamencas.

Destacamos as empanadas de Agapito de Castroverde, aqui tedes o listado dos sabores e os tamaños, podedes encargalas os martes, xoves e sábados. Triunfa con diferencia a de Espinacas, queixo do cebreiro e noces!!!!

Descarga o listado de empanadas aquí.

En ecolóxico todos os días de luns a sábado temos o pan da Panadería O Agro do Paramo. Podedes encargalo de medio kilo ou de kilo e nos dous formatos sempre hai a opción de pedilo  de molde. Podedes encargar tamén empanadas coa fariña que vos guste máis, centeo, centeo integral, espelta integral, trigo, trigo integral e trigo con liñaza.

Os martes pola tarde recibimos o pan de O muiño da Espelta de Mos, que nos suministra un estupendo pan de sarraceno ecolóxico, ademais de outras tipos de pan e deliciosas galletas sen gluten de chocolate, aqui tedes o facebook de Julián que  fixo un curso na nosa tenda de elaboración de pan baixos sen gluten que foi todo un éxito

E cada mércores recibimos o pan de Horno Integral Pandarán de Cangas, unha panadería que nos ofrece unha variedade grande de pans ecolóxicos, empanadillas, torradas e galletas…

A súa páxina web é moi completa, é proveedor de algún produto ecolóxico a maiores como son as algas de Algamar e todos os seus derivados